Museo Valle-Inclán da Pobra do Caramiñal, inaugurado no 1987, foi o primeiro centro museístico do Barbanza e a segunda casa-museo e ruta de escritor de Galicia.
Uns fondos únicos, orixinais e especializados que converten a este museo na institución pública con pertenzas valleinclanianas máis importante do estado.
Conta cunha ampla oferta de dinamización cultural, educativa, social e turística: visitas guiadas e comentadas por especialistas, organización de xornadas, servizo de asistencia á investigación, servizo de publicacións, etc.
Localidade: A Pobra do Caramiñal
Teléfono: 981 843 280
E-mail: turismo@apobra.gal
Web: https://museovalleinclan.gal/
Ano adhesión: 2023